Novidade: A Comuna de París: Relato curto ilustrado
Traducións e textos propios

A Comuna de París: Relato curto ilustrado
martes, 31 de marzo de 2009

No verán de 1870, a burguesía francesa arrastrou ao seu país a unha guerra con Prusia. O goberno e os xefes do exército eran corruptos. Houbo unha serie de derrotas.



Finalmente, en setembro, 80.000 inexpertos e mal equipados homes foron lanzados contra a grande máquina militar de Prusia. Os franceses foron arrodeados e vencidos. Napoleón III e case a metade do seu exército foron capturamos, ao igual que as defensas de París; e os prusianos cercaron a capital.



Mais as masas da cidade organizaron unha Garda Nacional. Xa sentían a escaseza de alimentos: longas ringleiras de famentos agardaban por un anaco de pan xunto ás panaderías. Malia todo, conseguiron uns cantos canóns para a súa defensa que situaron nas murallas de París.



Os ricos viron nestes movementos un perigo para eles, non menor que o dos prusianos. Nas masas espertou un fervor revolucionario: as súas armas podían apuntar á burguesía dentro dos muros co mesma facilidade que contra o inimigo exterior.

A burguesía intentou capturar os canóns. Soaron as alarmas: os obreiros da cidade, tanto mulleres como homes, acudiron á defensa. E as tropas do Goberno, máis que fraternizar, atacaron aos defensores.



O 18 de marzo proclamouse a Comuna. O Goberno retirou as súas tropas a Versalles. Os Comuneiros permitiron a súa saída, pese a que podían vencer ás tropas; e os ricos da cidade que saían ás carreiras de París foron retidos como reféns.



A cidade, organizada en barrios, ou distritos, estaba agora liderada por grupos de Comuneiros –homes e mulleres, obreiros e intelectuais- que crearon, como dixo Lenin, «un novo tipo de estado, o Estado dos Obreiros.»



E nas rúas, a multitude parábase a ler a proclamación deste novo Estado: separación da igrexa; non máis traballo nocturno nas panaderías; fin do pago das rendas atrasadas para os pobres; arresto dos sacerdotes; reabertura das fábricas abandonadas; abolición das multas aos obreiros.



Entrementres, en Versalles, Thiers e o seu reaccionario goberno, coa axuda dos oficiais prusianos, planificaban o ataque á Comuna de París. Milleiros de soldados franceses capturados foron liberados e armados para a acometida – mais os comuneiros tamén estaban preparándose.



Levantáronse barricada nas rúas. Homes e mulleres traballaron nelas. Mais non toda a cidade contaba con estas defensas. Os burgueses que permanecían en París informaron dos puntos vulnerábeis a Versalles; e desde o 22 até o 28 de maio, unha semana sanguenta, as tropas entraron polos pasos non defendidos.



Os Comuneiros, combatendo valorosamente, foron concentrándose nun último bastión nunha pequena sección de París. Toda rúa era un campo de batalla; toda casa unha fortaleza. Os Comuneiros, desfeitos e exhaustos, foron retrocedendo ante un avance que non respectaba nin crianzas nin mulleres.



Foron capturados cando aínda combatían nas ardentes ruínas da cidade. Milleiros foron asasinados no lugar de captura; outros milleiros –crianzas, vellos e enfermos- foron acurralados en distintos puntos para ser fusilados. Cada destacamento das enlouquecidas tropas de Versalles era como unha banda de executores, asasinaban sumariamente a calquera sospeitoso. A Comuna foi afogada no seu propio sangue.



E os ricos, agora que xa moitos retornaran, situábanse nas beirarrúas para ver o terríbel desfile e felicitarse a si mesmos da súa vitoria.



O Terror Branco non coñeceu límites. No cemiterio Pere Lachaise, como nunha ducia de lugares máis, milleiros de Comuneiros foron agrupados e fusilados. O xeneral Gallifet, o Carniceiro dos Comuneiros, ollaba como as tropas disparaban contra ás masas rebeldes. Un anaco do “Muro dos Comuneiros” mantense en pé; e as caras esculpidas que miran desde ela son, ao mesmo tempo, un desafío ao poder capitalista e un monumento aos mártires da Comuna.



Nesa semana 40.000 obreiros foron sacrificados. Despois, os Comuneiros que conseguiran até ese momento librarse, foron vítimas dunha farsa xudicial. Con monótona regularidade, foron declarados culpábeis e executados ou enviados ás colonias tropicais.



Foron obrigados a servir como escravos nos traballos máis duros. Eles foran parte dos que levantaran o primeiro goberno obreiro; e como vinganza, a burguesía vitoriosa enviounos a morrer pola febre ou polo traballo inhumano, baixo a vixilancia das tropas coloniais francesas.




Coa máxima preocupación e comprensión, Karl Marx seguira a sorte da Comuna. Inmediatamente após a súa queda, falou aos obreiros do mundo sobre esta lección de ascenso e caída.

«Os obreiros de París,» dixo, «coa súa Comuna, serán lembrados sempre como os gloriosos precursores dunha nova sociedade.»



O 18 de Marzo, aniversario da Comuna de París, é un dos fitos do avance da clase obreira. Desde 1871, foi un día de celebración para os obreiros de todos os países.



A Comuna viva de novo!

En outubro de 1917, corenta e seis anos despois da Comuna de París, os obreiros de Rusia, baixo o liderado do Partido Bolxevique, con Lenin á cabeza, estabeleceron o primeiro Estado Obreiro consolidado. Estes Comuneiros rusos, dirixidos desde Smolny por Lenin –batallóns de obreiros das fábricas, o Aurora afumando o Neva, e os soldados e mariñeiros participando na Revolución Proletaria- derrotaron ao goberno burgués baixo o lema: «Todo o poder para os Soviets».

«A Comuna de París,» dixo Lenin, «foi o primeiro paso.» A Sociedade Socialista que se está construíndo agora na Unión Soviética é o comezo da marcha dos obreiros cara á Comuna Proletaria Mundial.

Novidade ESONS(19/01/09): Brazos Pra Seitura, por Fuxan os Ventos
Últimas Notas
Arquivo
Pesquisas

Subscrición

Mándenos un email a estoutras@yahoo.com para recibir no seu correo as novidades que publiquemos. Chegaranlle as novidades moito antes que de calquera outra forma e non hai que recorrer a terceiros.

Pola contra,se prefire a través do feed, elixa unha das seguintes opcións:

Reciba as novas entradas no seu correo:

 Ou fágao vía RSS

Música. ESONS. Última actualización (19/01/09): Brazos Pra Seitura, por Fuxan os Ventos
Poesia. VERSOS DE COMBATE
Sátira política. DE CHOS!
ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com